A voceira do PP de Rábade, Remedios González Cabarcos, volveu a denunciar esta tarde cortes e turbidez na auga e instou ao rexedor, Fernández Montes, a poñer solución a esta problemática.
A popular informou de varias avarías na rede xeral, uns incidentes, dixo, que provocaron que os depósitos se baleirasen e deran lugar a cortes en distintas zonas.
González Cabarcos lembrou que os populares presentaron no rexistro do Concello varios escritos, preguntándose polos resultados de varios análises pero a día de hoxe non teñen constancia de nada, posto que o rexedor non lles deu información do tema.