Partido Popular de Lugo

O Grupo Municipal Popular oponse á organización e réxime económico do novo Goberno municipal ao entender que incumpre a lei

A Mariña, 22 de xuño de 2015.-  O Grupo Municipal do Partido Popular en Oruol manifestou a súa oposición e votou en contra do réxime de dedicacións económicas e políticas proposto polo socialista Pajón no pleno de organización celebrado na tarde de hoxe

Os populares que intentaron que o asunto quedase sobre a mesa, advertiron que a constitución do novo Goberno socialista, que incorpora á concelleira tránsfuga, non se adecúa á lei e, en consecuencia, se reservan o dereito de efectuar a súa impugnación unha vez sexa firme.

Desde o PP sinalan incluso que ante a evidente ilegalidade o acordo pode ser obxecto dun requirimento de anulación, por parte da Subdelegación do Goberno e da propia Dirección xeral de Administración local, facultadas para supervisar a adecuación dos acordos municipais á legalidade vixente.

INCUMPRE A LEI, DESPREZA O PRONUNCIAMENTO DA XUSTIZA

O motivo da controversia está o nomeamento da concelleira tránsfuga como Tenente de Alcalde e concelleira delegada de economía, polo que se lle recoñece un salario (en réxime de dedicación absoluta) de 37.000 euros, superior incluso ao do alcalde.

Desde o Grupo Municipal Popular advirten que este acordo incumpre o artigo 37.3 da Lei de Bases de Réxime Local e o previsto en diversas sentencias, que xulgaron casos similares ao acontecido en Ourol e nos que a Xustiza rematou por anular estes nomeamentos e a retribución dos concelleiros.

En concreto, desde o PP se citaron as setenzas do Xulgado do Contencioso Administraivo número 2 de Alacante (ratificada por unha sentenza posterior do Constitucional) e o do Tribunal Superior de Xustiza de Valencia.

A consecuencia clara de ambos pronunciamentos xudiciais é que o concelleiro non adscrito ten que devolver a retribución percibida e, ademais se anulan todos os actos administrativos que puido ditar como concelleira delegada.

RECUPERAR A NORMALIDADE

Desde o Grupo Municipal Popular lamentan a actitude seguida pola alcalde que se aproveitou do voto dun tránsfuga para seguir desvirtuando o resultado das urnas e da edil tránsfuga que pretende valerse para obter vantaxes adicionais, atribuíndose dereitos políticos e económicos que non lle corresponden, como edil non adscrita.

Insisten en que o alcalde non pode poñer ao Concello nunha situación de excepcionalidade e que para evitalo o mellor é que a concelleira devolva a súa acta e se recupere o equilibrio político que decidiron os veciños nas urnas e que, en ningún caso, pasa por manter a situación actual.