Lugo, 19 de xuño de 2015.- O secretario xeral do Partido Popular de Lugo, Jose Manuel Baleiro. considera que a contundente derrota do secretario provincial dos socialistas lucenses, Juan Carlos González Santín a mans do alcalde de Becerreá, Manuel Martínez, na candidatura para a Presidencia da Deputación, supón unha desautorización en toda regra do número un de Besteiro na provincia pero tamén coloca ao PSOE nunha situación de debilidade que xa optan por un candidato sobre o que pesa unha imputación xudicial, isto é, está baixo o punto de mira da Xustiza.
O MESMO CRITERIO QUE CON OROZCO
O dirixente popular reta ao BNG e aos seus máximos responsables provinciais a explicar si apoiarán á candidatura á Presidencia da Deputación de Lugo de un imputado ou si, pola contra, manterán o mesmo criterio ético do que presumen e que, por exemplo, deu lugar á forzada saída de Orozco como alcalde de Lugo. Os nacionalistas deben deixar claro si o que valeu para Orozco vale para Martínez, ambos en idéntica situación xudicial.
CÓDIGO ÉTICO DE QUITA E PON
Balseiro insiste en que o movemento feito polos socialistas obriga aos nacionalistas –que teñen á chave de goberno da Deputación- a que expliquen ante os lucenses que criterio van a seguir e sobre todo, se van a investir como Presidente, co seu imprescindible apoio, a unha persoa sobre a que pesan graves indicios de actuacións presuntamente delicitivas e polas que foi imputado pola Xustiza, e que ademais teñen que ver coa súa xestión na departamento de vías e obras provincial. Os populares insisten en que o BNG ten que aclarar aos lucenses se o seu código ético se aplicará ou é de quita e pon.