Partido Popular de Lugo

PP de Láncara nega que lle ofrecera a alcaldía ao BNG

Láncara, 12 de xuño de 2015.- O PP de Láncara fixo público esta tarde o documento que demostra que en ningún momento lle ofreceu a alcaldía aos nacionalistas.

Deste xeito, os populares desmenten as afirmacións dadas polos nacionalistas e explican que o que fixeron foron varias propostas para chegar a un acordo e partires de aí ver si se negociaría ou non.

Aclara o PP de Láncara que se tratou dunha solicitude de resposta para unha negociación a posteriori e explican que  primeiro preguntaron si os nacionalistas os apoiarían, polo que é totalmente falso que se tratase dunha declaración de darlles a alcaldía.