Partido Popular de Lugo

O GRUPO POPULAR DEFENDE O MODELO DAS SOFOR, COMO AGRUPACIÓN VOLUNTARIA DE PROPIETARIOS FORESTAIS, FRONTE AS ANTIGAS UXFOR DO GOBERNO BIPARTITO

Santiago, 12 de xuño de 2015.- O voceiro de Montes do Grupo Popular, Jose Manuel Balseiro defendeu o modelo das sociedades de fomento forestal, coñecidas polo seu acrónimo SOFOR, como unha ferramenta societaria  que crea a nova Lei de Montes para favorecer a agrupación voluntaria de propietarios forestais.

Así o asegurou o portavoz popular no transcurso do debate dunha iniciativa de AGE que, na Comisión 7ª do Parlamento de Galicia, propoñía recuperar a antiga figura das UXFOR, unidades de xestión forestal, que foi eliminada tras a derrota do goberno bipartito.

MÁIS ÚTIL E EFICAZ

Os populares consideran que as SOFOR son un instrumento moito máis útil e eficaz que as antigas UXFOR, principalmente polo carácter voluntario da súa creación e porque nelas non ten que participar a administración, como acontecía coas UXFOR.

Desde o PP defenden que a elevada fragamentación da propiedade dos nosos montes obriga aos poderes públicos a incentivar, impulsar e dar o respaldo necesario ao desenvolvemento de calquera iniciativa que acade a xestión agrupada para conseguir así: vantaxes nos aproveitamentos produtivos, vantaxes ambientais, facilitar a ordenación dos nosos montes e a aplicación dos plans preventivos contra incendios

LIBRE INICIATIVA DOS PROPIETARIOS

Balseiro asegurou, contra a proposta de AGE, “que non queremos nin unha volta ao pasado, nin limitar en figuras concretas as fórmulas de xestión agrupada forestal a apoiar”. De feito, insistiu en que merece a pena apostar por outras fórmulas distintas ás antigas UXFOR do bipartito nas que o protagonista sexa “a libre iniciativa dos propietarios,  sen intervención da Xunta na xestión e sen forzar a ninguén a reorganización das súas parcelas”

Dixo tamén, que a aposta polas SOFOR non implica que os propietarios forestais articulen, tamén co apoio da Xunta, outras fórmulas como poden ser, por exemplo, as PROMAS ou os documentos compartidos de xestión aplicados a coutos redondos.