Mércores, 10 de xuño de 2015.- Despois de ter coñecemento de que a Deputación de Lugo ten previsto inaugurar este venres, día 12 de xuño, a estrada Riotorto- Marco de Álvare, o presidente do PP deste municipio, Clemente Iglesias, tilda de irresponsable a Gómez Besteiro por pretender inaugurar unhas obras que non están rematadas.
O popular explica que, a día de hoxe, dito vial está sen pintar, sen sinalización e sen vallas, polo que levar a cabo un acto de inauguración cando a construción non está finalizada é unha auténtica irresponsabilidade.
Iglesias alerta de que en condicións meteorolóxicas adversas, como a presenza de néboa, a visibilidade é nula e de non estar a estrada nunha situación óptima, pode repercutir seriamente na seguridade dos transeúntes.