Mondoñedo, 4 de xuño de 2015.- O Partido Popular de Mondoñedo informa de que xa deron comezo as obras de cerramento da pista polideportiva do CEIP Álvaro Cunqueiro Mora da localidade. Deste xeito, os populares dan resposta a un compromiso que asumiron co equipo docente e coa Asociación de Nais e Pais de alumnos do colexio público.
O Partido Popular de Mondoñedo agradece esta actuación da Xunta de Galicia e lembra que se trata dun novo investimento neste centro educativo de preto de 26.000 euros, coa que dan resposta a unha das principais demandas do centro.
Deste xeito e co peche da pista cuberta remátase un ciclo de actuacións neste edificio, cuxo compromiso fora asumido polo PP local en resposta ás reclamacións do equipo directivo e da Anpa, e que incluía a construción da pista cuberta, o arranxo da instalación eléctrica e a dotación dun parque infantil.
Estas actuacións hoxe en día son unha realidade e, para acadalas, dende o Partido Popular realizáronse as xestións oportunas co departamento autonómico responsable co obxecto de darlle traslado destas necesidades, que foron atendidas polo goberno galego.