Partido Popular de Lugo

Os populares salientan que o paro rexistrado reduciuse na Mariña lucense preto dun 11% no último ano

A Mariña, 3 de xuño de 2015.-  Os populares da Mariña lucense salientaron esta mañá que o paro rexistrado nas oficinas dos servizos públicos de emprego reducíronse preto dun 11% no último ano. De feito, as estatísticas oficiais revelan que na nosa comarca ten medio cento (572) menos de veciñas e veciños desempregados que en maio de 2014

Pero a redución progresiva do número de parados non é só unha tendencia puntual senón que, desde que comezou o 2015, as cifras do paro rexistrado baixaron mes a mes, durante os últimos cinco meses, ata situarse en 4.696 parados, lonxe dos 5.305 que se contabilizaban en xaneiro.

Non obstante, a pesar de que a tendencia que se está impoñendo é a da redución do desemprego, os populares aseguran que cómpre interpretar os datos con cautela xa que aínda son moitas as familias que aínda sofren as consecuencias do paro, polo que non estarán satisfeitos mentres non desapareza.

Desde o PP reafirman o seu compromiso coa comarca, materializado en distintos apoios e iniciativas de fomento do emprego (plans de cooperación, obradoiros, axudas para a contratación polos concellos) e sinalan que primeiro obxectivo dos gobernos populares é, e seguirá a ser, o combate do desemprego.

Evolución interanual

may-14

Maio 2015

Diferencia

     A MARIÑA CENTRAL

2.063

     A MARIÑA CENTRAL

1.910

-153

     A MARIÑA OCCIDENTAL

2.080

     A MARIÑA OCCIDENTAL

1.800

-280

     A MARIÑA ORIENTAL

1.125

     A MARIÑA ORIENTAL

986

-139

 

5.268

 

4.696

-572

 

Evolución mensual

abr-15

Maio 2015

Diferencia

     A MARIÑA CENTRAL

1.968

     A MARIÑA CENTRAL

1.910

-58

     A MARIÑA OCCIDENTAL

1.878

     A MARIÑA OCCIDENTAL

1.800

-78

     A MARIÑA ORIENTAL

1.014

     A MARIÑA ORIENTAL

986

-28

 

4.860

 

4.696

-164