Riotorto 22 de maio de 2015.- O PP de Riotorto denunciou á Xunta Electoral de zona de Mondoñedo, o reparto de escritos, por parte dos socialistas, que figura en nome dos populares, utilizando ademais o seu logotipo e divulgando informacións falsas e calumniantes.
Os populares afirman, que de ningunha maneira teñen que ver con esta formación política nin coa dos seus dirixentes neste concello, producíndose por tanto a suplantación de siglas e persoas deste partido.
Piden que se admita a trámite esta denuncia e se proceda a investigar os feitos, adoptando as medidas legais oportunas fronte aos autores dos feitos.