Partido Popular de Lugo

O PP de Cervantes denuncia un trato “discriminatorio” na concesión de subvencións da Deputación

Cervantes, 22 de maio de 2015. O candidato do Partido Popular á alcaldía de Cervantes, José Fernández, denuncia un trato “discriminatorio” na concesión de subvencións por parte da Deputación de Lugo.

En concreto, o alcaldable popular fai estas declaracións en relación ás axudas aprobadas ao abeiro do programa de apoio ao desenvolvemento rural.

O popular defende que se optimice o reparto dos fondos públicos e se priorice a concesión de subvencións en base ás necesidades dos veciños e á repercusión que pode ter sobre a poboación. “É importante que se acredite a prioridade das obras, sendo inaceptable que obras de importante necesidade queden sen subvención”.

José Fernández exemplifica que mentres a Deputación de Lugo aproba unha axuda para a adecuación dun camiño que comunica a unha casa deshabitada, no lugar de Río de Castro, denega (ata en dúas ocasións) unha subvención para unha obra que beneficiaría a un núcleo poboacional no lugar de Villaluz.

“Aproban unha axuda que repercute só nunha casa deshabitada, mentres discriminan a un conxunto de veciños”, lamenta o popular quen engade que “é necesario atender ao beneficio dos veciños e non só a obras electoralistas puntuais”.