Partido Popular de Lugo

Constituída Novas Xeracións en Samos con Jonathan López de presidente

O candidato á alcaldía polo Partido Popular en Samos, Manuel López Armesto, e o presidente de Novas Xeracións da provincia de Lugo, Daniel Vega, mantiveron unha xuntanza con mozos da localidade para constituír a agrupación xuvenil nesta localidade.

Da xuntanza mantida saíu constituída a agrupación xuvenil que preside o mozo Jonathan López  e a forman: Iván López, Jesús Abad, Adrián Abad, Andrea Álvarez, David Veiga, Pablo Páez, Óscar García, Susana Fernández e Marcos Arza.

O presidente de Novas Xeracións da provincia de Lugo agradeceu a implicación dos mozos de Samos e trasladoulle o seu apoio e respaldo dende a formación provincial ao tempo que os animou a traballar pola defensa dos intereses da xuventude deste concello.

Pola súa banda, Armesto tamén reiterou o agradecemento aos mozos que decidiron integrarse no proxecto do Partido Popular de Samos , que ve na xuventude a base fundamental. “Necesitamos sabia nova, ter coñecemento directo do que necesitan e piden”, explicou López Armesto, quen dixo que os mozos “están a dar un gran paso, estanse a comprometer con Samos e co seu benestar”.