Partido Popular de Lugo

Medela promete traballo “dende o primeiro día” co obxectivo de “que os veciños sintan o Concello como propio”

Chantada, 21 de maio de 2015os veciños sintan o Concello como propio, sintan o seu respaldo, a súa implicación e  .

“Propoñemos xestión e sentido común fronte a populismo, xa que vimos a solucionar problemas e non a crealos”, engadiu o popular durante o mitin celebrado hoxe, no que estivo arroupado polo secretario xeral do PPdeG, Alfonso Rueda, e polo presidente do PP de Lugo, José Manuel Barreiro.

Programa

“Chegamos por unha inquedanza, por un sentir e pola necesidade de facer algo en positivo polo noso pobo, xa que os últimos catro anos son un exemplo da falta de rigor e orden, da desidia máis absoluta, chegando ao punto de perder axudas públicas, e só actuando en obras mínimas durante a etapa electoral”, matizou Medela.

Con este obxectivo, o popular presentou un programa, elaborado despois de escoitar aos cidadáns, “coñecendo as súas carencias e as súas necesidades”, no que os sectores estratéxicos fundamentais son o gandeiro, o vitivinícola e o turístico, sen esquecer o industrial e o servizos, e no que ten un papel predominante “as políticas de emprego e o benestar social”.

Así, entre os compromisos do Partido Popular en Chantada atópanse a creación dun plan de emprego para dotar ao Concello dunha Brigada de Obras; un plan de mantemento de infraestruturas con medios propios e axuda externa ou a mellora do tráfico no casco urbano.

Na área de educación e cultura, o programa inclúe maior colaboración coas Anpas, posta en marcha de campamentos de verán, creación da figura do encargado de dinamización cultural, plan de axudas a todas as asociacións e posta en valor dos recursos turísticos (Camiño de Inverno, Enoturismo, Rutas do Románico).

Dentro da promoción económica e industrial, Medela anunciou compromisos como o fomento da mobilidade de terras para unha maior competitividade das explotacións; axuda á posta en valor do sector leiteiro; impulso ao polígono industrial ou apoio ao pequeno comercio e de proximidade.

Por último nos ámbitos de benestar e da xuventude, o candidato promete un novo centro de día, o aumento de prazas na Escola Infantil , a potenciación do Servizo de Axuda no Fogar e o arranxo do terreo de xogo de Sangoñedo.

Medela pediu o voto para a responsabilidade e a confianza

“Estamos nun momento importante, momento clave, pensade que o reto de conseguir o segundo deputado pola comarca está ao noso alcance, por iso é necesario votar a partidos serios que nos podan representar a todos, por iso o 24 de maio pido o voto para a responsabilidade, a confianza, a xestión, o diálogo, a eficacia…pido o voto para o Partido Popular”, concluíu Medela.