Partido Popular de Lugo

Álvarez acusa a Celeiro de colocar farolas en terreos privados con fin electoralista

O Incio 21 de maio de 2015.- O candidato do PP á alcaldía de O Incio, Jose Álvarez, denunciou esta mañá á rexedora, Laura Celeiro, pola instalación de farolas en camiños privados para sacar rédito electoral.

O popular criticou que mentres nunha casa existen varias farolas, noutras non hai ningunha; unha situación que contrasta, ademais, coa decisión que a alcaldesa adoptou no ano 2012, co denominado e coñecido apagón enerxético, achacado a mala época económica.

Nese senso, lamentou, que moitos veciños presentaron queixas porque as farolas estaban fundidas e a rexedora fixo caso omiso, sen embargo, afirma, agora está a colocar farolas en puntos concretos e en lugares afíns.

Álvarez tamén denuncia que a Señora Celeiro está asfaltando, con grandes cantidades de cemento, determinados camiños privados, mentres outros veciños continúan sufrindo os problemas de acceso as vivendas.  

O alcaldable deixou claro que dende o PP de O Incio non denuncian este feito polo actual contexto electoral, posto que non é o seu estilo gañar as eleccións no xulgado, pero adianta, que estas condutas electoralistas, que raian a prevaricación, serán investigadas coas súas consecuencias posteriores