Partido Popular de Lugo

O candidato do PP de Cervantes busca alternativas para solventar o problema da cobertura móbil

Cervantes, 20 de maio de 2015. O candidato do PP de Cervantes, José López Fernández, acompañado polo secretario xeral do PP de Lugo, José Manuel Balseiro e de integrantes da súa candidatura,  mantivo unha xuntanza coa directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), Mar Pereira, para abordar a problemática das comunicacións neste concello de A Montaña.

O popular trasladoulle á máxima responsable da AMTEGA as peticións e demandas dos veciños, quenes enviaron, tanto á Xunta coma ao PP cervantino, un proxecto alternativo para instalar un repetidor e un documento con 66 sinaturas reclamando unha solución pola falta de cobertura móbil en Cervantes.

Pola súa banda, a máxima responsable do AMTEGA trasladoulles aos populares que estudará o tema para buscar unha solución rápida a esta situación.

CRONOLOXÍA DOS FEITOS

Ata fai uns meses, estaba instalado preto dos pobos de Murias e Acebeo un repetidor, pero persoas da zona optaron por desinstalalo.

Os veciños de Cervantes, comezaron a recoller sinaturas e  presentaron un proxecto alternativo para instalar un novo repetidor no Monte Veciñal de Vilarnovo. O PP faise eco das sinaturas e apoia o proxecto alternativo.

Agora hai que agardar a que se conceda o vindeiro plan para instalar o repetidor e solventar os problemas de cobertura móbil e internet.

Os populares critican a nula xestión e pasotismo do alcalde de Cervantes, quen sen desinteresou totalmente desta problemática. Se antes do 29 de abril, día que remataba o prazo para instalar o repetidor, o reclamase, podería haberse establecido na zona.