Rábade, 18 de maio de 2015.- O conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde e o secretario xeral do PP de Lugo, José Manuel Balseiro, pediron esta tarde o voto para Remedios González Cabarcos como única alternativa de cambio de Goberno en Rábade.
Os populares, definiron a Fernández Montes coma “un dos peores alcaldes” e proba diso, manifestaron, reflíctese en que non soubo solventar os problemas existentes da vila, chegando incluso a poñer en perigo a saúde dos veciños. Neste senso, denunciaron o intento do rexedor de pretender, arestora, tapar con mentiras o seu mal facer.
CONDE RESALTA A VALÍA DE GONZÁLEZ CABARCOS
Pola súa banda, Francisco Conde, respaldou á candidata popular como a mellor alternativa para sacar a Rábade do estancamento creando novas empresas e emprego de calidade. Neste senso, Conde incidiu na experiencia de Remedios González educando “a xeracións de rabadenses”, e salientou que “hoxe, tras unha dilatada experiencia de liderado como directora de instituto, é hora de entregarlle as chaves doutro futuro: o futuro do Concello”.
Conde resaltou que González herda a vocación pública do seu pai, que “que tantas maiorías absolutas gañou en Rábade”, e destacou a súa aposta clara por crear emprego no concello potenciando o polígono industrial.Salientou ademais o compromiso do PP coa vila a través de apoios como o parque contraincendios ou os programas formativos, e incidiu na aposta de futuro que a Xunta está a facer pola biomasa, “que se configura como unha clara oportunidade de emprego para Rábade” que só pode se aproveitada por unha líder como Remedios González, volcada na creación de novas empresas.
OS POPULARES, OS COMPROMETIDOS CON RÁBADE
O secretario xeral do PPdeLugo, José Manuel Balseiro, continuou comparando as inversións da Xunta de Galicia coas da Deputación de Lugo e revelou que, nestes seis anos, o goberno de Feijoo inverteu en Rábade 10,3 M€, fronte ao de Besteiro, quen, no mesmo período de tempo,destinou para esta localidade tan só 314 mil euros; o que significa, que a Xunta de Galicia investiu 33 veces máis ca Deputación de Lugo nesta localidade.
Balseiro pediu o voto para un goberno do PP para que Rábade progrese. Insistiu en que cunha boa alcaldesa- en referencia a Remedios González- e coas axudas e colaboracións das demais Administracións, lograranse poñer en marcha e finalizar, proxectos na vila.
RÁBADE MERECE UN ABASTECEMENTO DE AUGAS DE CALIDADE E DIGNO
Pola súa banda, Remedios González Cabarcos, pediu o voto para a súa candidatura e adiantou que as propostas do PP para que Rábade sexa un pobo moderno e progresista, céntranse en solventar, dunha vez por todas, os numerosos problemas que os veciños están a sufrir coa auga. Deste xeito, comprometeuse a instalar o decantador que se precisa na depuradora e remodelar a canalización antiga, ao mesmo tempo que aproveitou para acusar Fernández Montes de mentir no tocante este tema, insistindo que son as análises as que revelan que a auga non foi potable varios días do ano.
González Cabarcos ve terceiromundista que existan rúas que non conten coa rede de sumidoiros e que “para colmo” teñan que pagar por el.
En materia económica a popular incidiu na importancia de postos de traballo para que os mozos non teñan que deixar a vila, polo que se comprometeu a potenciar o polígono industrial con mellores infraestruturas para ter un tecido empresarial competitivo e, deste xeito, animar á creación de novas empresas e mantendo as actuais, evitando así a perda de emprego. Aproveitou aquí, para denunciar a mal facer do rexedor, quen permitiu o abandono e o peche de moitas empresas polas trabas ás que foron sometidas.
Para finalizar, a popular manifestou que os nenos e mozos son o futuro do pobo, polo que unha das prioridades é potenciar a Escola de Música, que foio relegada nos últimos anos a unha mínima subvención. “Dotarémola do material necesario e de locais axeitados”- concluíu.