Partido Popular de Lugo

Barreiro: “Co PSOE os concellos tiñan un déficit que lastraba a España; co PP volven a ter as coas contas saneadas”

18, maio, 2015.- O Voceiro do GPP no Senado e Presidente do PP de Lugo, José Manuel Barreiro, afirmou que os candidatos do seu partido “contan cunha gran vantaxe” fronte ao resto porque, asegurou, “aválaos unha excelente e probada xestión, xa que o PP é o partido que máis municipios goberna en toda España”.

O líder dos populares en Lugo fixo estas declaracións no transcurso dun mitin no concello de Sarria, onde estivo acompañado polo Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo. Barreiro e Feijóo amosaron o seu apoio ao candidato do partido á reelección, José Antonio García López. José Manuel Barreiro pediu o voto para García López para que Sarria “poida seguir medrando”. “É un traballador incansable, responsable e serio –destacou o Presidente provincial do PP- e, malia os momentos de crise, conseguiu unha mellora efectiva da vila porque para el os veciños son a máxima prioridade”.

No transcurso da súa intervención, Barreiro, insistiu en que o PP é “a única alternativa de futuro. O único capaz de garantir a estabilidade que precisa España. Agora que conseguimos saír da crise –dixo- é o momento de perseverar nas políticas de crecemento que tan bos resultados nos están dando. A alternativa que nos propoñen o Sr. Besteiro e o PSOE e estes partidos de nova creación como Podemos ou Cidadáns non é outra que volver á ruína”.

José Manuel Barreiro defendeu a labor das deputacións porque “garanten a igualdade de tódolos cidadáns” e, sen elas, “habería milleiros de Españois de pequenos concellos que non terían acceso aos servizos públicos”. “Ahora ben –matizou Barreiro- o que no podemos permitir e que algúns, coma o Sr. Besteiro, empreguen a institución de forma caciquil en beneficio propio e do seu partido e marxinando aos concellos gobernados polo PP”.

Asimesmo, o voceiro do PP no Senado lembrou que co PSOE os concellos “tiñan un déficit que lastraba as contas de toda España” e agora, co PP, “os municipios volven a dar exemplo cun superávit do 0.23%”. “Os concellos –matizou José Manuel Barreiro- están dando unha lección de xestión e estabilidade cerrando superávit por terceiro ano consecutivo”. 

O líder dos populares en Lugo destacou que “se hoxe España volve a ser un país fiable é grazas ao esforzo das CCAA e, especialmente dos concellos”. “Os municipios foron decisivos na recuperación económica; co esforzo de tódolos veciños e as políticas do Partido Popular hoxe teñen as contas claras. Ademais, foron e seguen sendo os garantes da cohesión social no noso país”, matizou Barreiro.

A DOBRE MORAL DE CIDADÁNS

O voceiro do GPP no Senado referiuse ás últimas propostas de Cidadáns: “Albert Ribera dixo que todos os que nacemos despois de 1978 debemos estar fóra da política. Que lle quede claro ao Sr. Albert Ribera que nin a xuventude garante a honestidade nin a madurez implica corrupción. Ademais, -continuou José Manuel Barreiro- el mesmo se está contradicindo porque dos 15 candidatos que presenta ás eleccións autonómicas só tres naceron despois de 1978.

 “Por se isto fose pouco –subliñou o Presidente provincial do PP,  hoxe mesmo coñecemos que, nas listas de Miranda do Ebro, en Burgos, Cidadáns leva como candidatos a catro xubilados sen o seu consentimento.” Barreiro insistiu en que isto non é máis que outro “exemplo de hipocresía do partido de Rivera que o deslixitima para dar leccións de transparencia de rexeneración democrática”.

O líder dos populares lucenses afirmou que nestas eleccións hai só dúas opcións “elixir a gobernantes e partidos serios ou a estrelas da televisión”, en referencia a Pablo Iglesias e Albert Ribera aos que “pouco a pouco lles vai caendo a careta”.

José Manuel Barreiro e Alberto Nuñez Feijóo tamén visitaron Monforte para apoiar á candidata do partido, Julia Rodríguez Barreira. O Presidente provincial do PP destacou a “experiencia de Julia durante catro anos como voceira municipal” e tamén “o seu máis que salientable papel no Parlamento de Galicia”.

Pola mañá o Presidente do Partido Popular de Lugo e o Presidente da Xunta interviñeron en dous actos nos concellos de Meira e Pol para apoiar a Ramiro Pérez e Ángeles Lenza, candidatos do partido en cada unha das vilas. José Manuel Barreiro destacou “o firme compromiso cos veciños, a seriedade e o rigor” dos dous candidatos. Antes de rematar Barreiro advertiu do risco de votar a Cidadáns porque “non teñen ningún tipo de propostas para o ámbito económico e municipal e ademais apostan por suprimir concellos coma estes de menos de 5.000 habitantes.”