Samos, 17 de maio de 2015.- De ser elixido rexedor, Manuel López Armesto, traballará na creación dunha nova residencia da terceira idade na vila samoense.
Así o dixo, esta mañá, o propio alcaldable, quen explicou que se trata dunha proposta que os populares levan no seu programa electoral no apartado de servizos sociais.
“O obxetivo da creación desta nova residencia da terceira idade ven dado porque a actual non se axusta aos servizos necesarios”- manifestou o popular, quen explicou que a nova instalación contará con maior capacidade, ademais de mellorar a atención dos maiores e xerar máis postos de traballo.
O popular tamén adiantou que ampliará o servizo de axuda no fogar, para que chegue a tódalas vivendas de Samos que o precisen e mellorará a súa xestión. Neste sentido, adiantou que abonará os custes dos desprazamentos das traballadoras deste servizo.
López Armesto tamén se comprometeu a por en marcha un servizo de acollida aberto no Centro de maiores e de dotar ao centro de maiores dunha programación anual para dignificar o seu tempo libre.