Partido Popular de Lugo

PP revela que os resultados dunha análise confirman que a auga de Rábade non foi potable varios días do ano

Rábade 17 de maio 2015.- A candidata á alcaldía de Rábade, Remedios González Cabarcos, repartirá na xornada de mañá domingo, entre os veciños da vila, unha análise que revela que a auga de Rábade non foi potable varios días do ano.

A alcaldable acusa a Fernández Montes de imprudente e poñer en risco a vida dos veciños de Rábade tras saltarse a normativa e non comunicarlle aos veciños os días que a auga non estaba apta para o seu consumo.

González Cabarcos lembra que o rexedor ten por obriga informar aos cidadáns deste tipo de problemas e denuncia que o de Rábade non o fixera, e máis, sentenciou, “cando estamos ante unha problemática deste tipo”.

A popular tamén discrepa da inversión manifestada polo rexedor no tocante a este servizo. “Se Fernández Montes invertera 1.5 millóns de euros, Rábade non estaría sufrindo continuamente esta problemática”- manifestou a popular, quen concluíu lembrando as  denuncias feitas polo PP alertando, dende sempre, deste enorme problemas e da nefasta xestión por parte de Montes.