Partido Popular de Lugo

Ethel Vázquez preside en Guitiriz un encontro sectorial de urbanismo

Guitiriz, 16 de maio de 2015.- A Conselleira de MATI, Ethel Vázquez, presidiu esta tarde en Guitiriz, un encontro sectorial de urbanismo onde se comprometeu a axilizar o Plan Xeral de Ordenación Municipal da localidade.

Nun acto, no que tamén estiveron presentes, a secretaria xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, o secretario xeral do PP de Lugo, José Manuel Balseiro, o candidato do PP á alcaldía de Guitiriz, José María Teixido, a titular de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, explicou as novidades da nova Lei do Solo, entre as que destacan a aprobación directa das licencias en solo rústico sen necesidade de autorización autonómica.

Pola súa banda, o candidato á alcaldía, agradeceu a ámbalas representantes do Goberno Galego a súa presenza na vila e  lembrou que, o pasado día 16 de abril, nunha comisión informativa de asuntos do pleno, os catro grupos políticos acordaron que despois das eleccións municipais someterían a exposición pública o documento para presentar as alegacións oportunas, aprobalo en pleno e envialo a Xunta de Galicia.