Folgoso de Caurel, 16 de maio de 2015.- A Conselleira de MATI, Ethel Vázquez e o secretario xeral do PP de Lugo, participaron esta noite nunha cea- mitin en Folgoso do Caurel para arroupar a candidata popular, Lola Castro.
Ante militantes, simpatizantes, veciños e demais representantes políticos da zona, José Manuel Balseiro puxo en valor o traballo da actual rexedora e candidata, de quen dixo “demostrou ser unha gran rexedora, sempre comprometida co seu Concello e cos seus veciños”.
Porén, o popular pediu o voto para continuar cun goberno e de calidade, onde todos os veciños estean representados. Puxo en valor as achegas da Xunta de Galicia, quen destinou nestes seis anos, 8,1 millóns de euros para este concello. Esta cifra, dixo Balseiro, contrasta coa da Deputación de Lugo, quen investiu neste municipio, no mesmo período de tempo, 619 mil euros, o que significa que o Goberno de Feijóo, inverteu trece veces máis co de Besteiro en Folgoso de Caurel.
Pola súa banda, a candidata popular, Lola Castro, agradeceu ao seu equipo todo o traballo feito nesta lexislatura e comprometeuse a seguir traballando na mesma liña de intentar facer posibles as necesidades e demandas dos veciños e do Concello.