Cervantes, 16 de maio de 2015.- Mitin en Cervantes dos populares esta tarde- noite para apoiar a José López Fernández.
Nun mitin no colexio de San Román, e no que participou a Conselleira de MATI, Ethel Vázquez, o secretario xeral do PPdeLugo, José Manuel Balseiro, urxiu na necesidade dun cambio de goberno municipal e pediu o voto para José López Fernández e a súa candidatura, como garantía de cambio e progreso da vila.
Balseiro lamentou que un concello cun potencial turístico e patrimonial como Cervantes, permaneza no olvido e illado por mor dun rexedor esgotado.
Lembrou o número dous do PP lucense que só o Goberno de Feijoo se preocupa por este municipio e proba disto vese na inversión realizada.
“A Xunta investiu 16,3 millóns de euros en Cervantes desde que Feijóo é presidente”- salientou Balseiro, quen manifestou que as achegas da Xunta, que superan os 2,7 millóns de euros cada ano, multiplican por nove os investimentos da Deputación de Lugo neste mesmo período.
Pola súa banda, o candidato popular, explicou o abandono no que está inmersa a vila e proba diso percíbese no mal estado que presenta, por exemplo, a rede viaria.
“As estradas xa non son estradas, son pistas terceiromundistas e repletas de fochancas”- manifestou o popular quen engadiu que no inverno, en época de temporais, os viais permanecen illados por mor da neve e complicando a vida dos veciños.
O popular insistiu que o actual alcalde so pensa nos seus intereses económicos, partidistas e caciquís, esquecéndose da meirande parte da cidadanía.
Explicou López Fernández quen de ser elixido rexedor, xestionará de xeito eficaz os recursos dos que dispón o concello e solventará problemas como o da TDT, cobertura móbil e internet.