Partido Popular de Lugo

O Concello de Meira envía aos propietarios da urbanización O Carballal a liquidación para que procedan ao pago das cantidades económicas correspondentes

O alcalde de Meira, Ramiro Pérez, anunciou esta mañá que o Concello envíou as liquidacións do que lle corresponde pagar a cada mebro da xunta de compensación da urbanización de O Carballal.

Reclámase así, o pago de 798.400,63 euros para compensar ao Concello polo que deixou de percibir no seu día; un importe que os propietarios terán que abonar nun plazo dun mes e medio.

Nunha rolda de prensa, acompañado por membros do equipo de goberno e a letrada, Elena Talín, Ramiro Pérez explicou que tamén se notificou o cambio de sistema de compensación polo de cooperación. Un cambio que se aprobou definitivamente o pasado día 6 de maio en Xunta de Goberno Local.

Os populares xa advertiron ao anterior rexedor, cando aprobou definitivamente o proxecto de compensación,  da lesividadade que supoñía ao Concello de Meira.