Partido Popular de Lugo

Feijoo arroupará o vindeiro luns aos candidatos populares nos concellos de Meira, Pol, Sarria e Monforte

O vindeiro luns, día 18 de maio, o presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijoo volve á provincia lucense.

A primeira parada dunha xornada maratoniana será no concello de Meira. Ás 13:00 horas, no salón de actos da Casa da Cultura, participará nun mitin xunto ao presidente provincial, José Manuel Barreiro e o candidato, Ramiro Pérez.

A continuación, o número un dos populares galegos, trasladarase ao Concello veciño de Pol para participar nun xantar- mitin. Será ás 14:00 horas na Casa da Cultura en Mosteiro. Intervirán o presidente provincial e a candidata á alcaldía, María Ángeles Lenza.

Xa pola tarde, ás 18:00, no Hotel Alfonso IX, Núñez Feijoo viaxará a Sarria para arroupar ao candidato á alcaldía deste municipio, José Antonio García nun mitin no que tamén intervirá o líder do PPdeLugo, José Manuel Barreiro.

O xefe do PPdeG, rematará a xornada lucense no concello de Monforte. Participará nun mitin ás 19:30, no restaurante Don Manuel, xunto ao presidente dos populares lucenses e a candidata popular, Julia Rodríguez.