15, maio, 2015.- O Presidente do PP de Lugo e voceiro do GPP no Senado, José Manuel Barreiro, participou esta tarde nun mitin en Monterroso, no que tamén interviñeron a Conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato e a candidata do PP á alcaldía Pilar Varela. No acto, José Manuel Barreiro, agradeceu “a tódolos cidadáns, especialmente aos autónomos e emprendedores, os sacrificios asumidos para conseguir sacar a España e a tódolos concellos, grandes e pequenos, da crise”.
O Presidente dos populares lucenses explicou que, cando Rajoy asumiu o Goberno, “se atopou oculta nos caixóns unha débeda de 42.0000 millóns en facturas sen pagar a provedores da administración, a maioría PEMES. Que significa isto? Pois significa, a perda de miles de postos de traballo e a destrución de máis de 170. 000 empresas –dixo-”.
“Está claro que O PSOE nunca se preocupou nin polas pequeñas empresas, coma moitas deste concello; nin polos autónomos e emprendedores, como moitos que están aquí sentados. O PSOE deixounos colgados na peor etapa da crise; entre o 2008 e o 2011, con Zapatero, déronse de baixa 340.000 autónomos e moitos deles non podían, nin sequera, acceder á prestación por desemprego”, aseverou Barreiro.
O voceiro do Grupo Popular no Senado contrapuxo “a nefasta xestión socialista ás medidas realistas e efectivas emprendidas polo Goberno do PP”. José Manuel Barreiro referiuse aos plans postos en marcha polo Executivo para incentivar a autónomos e emprendedores: “O primeiro que fixo Rajoy foi pagar as facturas pendentes de Zapatero; o Plan de Pago a Provedores permitiu manter máis de 400.000 postos de traballo. Tamén puxemos en marcha, entre outras acción, a Estratexia de Emprendemento e Emprego para mozos, con medidas como a tarifa plana de 50 euros de cotización á Seguridade Social, que axudou a máis de 400.000 rapaces a incorporarse ao mercado de traballo”.
O voceiro do GPP no Senado subliñou que “grazas a todas estas medidas en España hai hoxe 89.242 autónomos máis que cando gobernaba Zapatero. Só en 2014 creáronse 860.000 empresas, un 11% que co PSOE. Nós demostramos as promesas con feitos –continuou- e está claro que o Partido Socialista non é quen de xestionar a economía nin en España nin nos pequenos concellos.”
Barreiro pechou o apartado económico cun claro compromiso cos autónomos e emprendedores. “O noso obxectivo –dixo- é chegar á cifra de 100.000 novos autónomos, superando os 3,6 millóns en 2019”. O líder dos populares lucenses fixo estas declaración logo de amosar o seu apoio á candidata do PP por Monterroso, Pilar Varela, “temos a mellor candidata, ten os valores e a forza necesaria para facer de Monterroso o concello que merecen tódolos veciños e veciñas”.
A continuación o voceiro do GPP no Senado e a Conselleira de Traballo e Benestar participaron nun acto en Portomarín xunto ao candidato á reelección Juan Serrano. Barreiro pediu para el o “apoio para poder completar o bo traballo iniciado hai catro anos”.
De seguido José Manuel Barreiro e Beatriz Mato desprazáronse a Pantón para arroupar ao tamén candidato do partido á reelección José Luis Álvarez. Barreiro loubou a “extensa e acreditada experiencia de Álvarez” do que dixo, “é un claro exemplo de vocación municipalista e apoio a tódolos veciños”.
APOIO AOS CANDIDATOS DA MARIÑA
Antes, Barreiro estivo na Mariña lucense. Xunto co Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e o candidato dos populares en Foz, Javier Jorge Castiñeira, percorreu a vila lucense. A continuación José Manuel Barreiro e Núñez Feijóo trasladáronse a Ribadeo onde participaron nun mitin co candidato á alcaldía Jesús López Penabad. Na súa visita á Mariña, o Presidente do PP de Lugo, contrapuxo a “honestidade dos candidatos do PP a xestión ineficiente e dubidosa dos socialistas”.
“O Sr. Besteiro e o Partido Socialista non sabemos se non teñen claro cál é o seu código ético ou se directamente non queren cumprilo. Tanto o Sr. Besteiro como o propio Pedro Sánchez apoian publicamente ao candidato tránsfuga do concello de Foz, Jaime Cancio, que militou en catro partido diferentes. E non temos que ir moi lonxe, no veciño concello de Viveiro temos outro exemplo, o da alcaldesa e candidata á reelección, María Loureiro, cunha causa aberta por presunta prevaricación”. Barreiro lembrou que “onte mesmo a Audiencia Provincial de Lugo rexeitou o recurso presentado por Loureiro sinalando, ademais, que non cabe posibilidade de volver a recorrer. A Audiencia abriralle, polo tanto, xuízo oral”.
José Manuel Barreiro asegurou que “Besteiro e o PSOE terán que explicar que decisión van tomar ao respecto de María Loureiro e tamén de Juan Manuel Rey, o alcalde e candidato á alcaldía de Caldas, en Pontevedra, que xa ten aberto xuízo oral contra el. Está clara a hipocresía do Sr. Besteiro e o seu partido, que pensan máis nos cálculos electorais que nos principios éticos que venden de portas para fóra”, afirmou o líder do PP de Lugo.