A candidata do PP á alcaldía de Rábade, Remedios González Cabarcos, denunciou hoxe que os veciños da Rúa Rosalía de Castro levan unha semana sen auga por mor da ineficacia do rexedor.
González Cabarcos explicou que fai quince días os veciños desta rúa, que discorre entre o colexio e o campo da feira, comezaron a sufrir cortes no suministro, atopáronse coas rúas e beirarrúas levantadas, tamén se atoparon con cortes de circulación e outras moitas chapuzadas, como buracos no pavimento tapados con terra.
A popular manifesta que este contexto está prexudicando seriamente aos negocios e vivendas da zona, polo que urxe ao rexedor que solvente esta situación inmediatamente.