O candidato do Partido Popular á alcaldía de Ribadeo, Jesús López Penabad, destaca o forte compromiso do seu partido co sector comercial e de servizos, e neste senso, proporá a creación dunha concellería de comercio “para o seu impulso e a atención directa as súas necesidades”.
Ademais da creación da figura do edil de comercio, os populares tamén impulsarán o respaldo institucional ao comercio local (Centro Comercial Aberto) e á hostalería local (mellora ordenación municipal de terrazas); e potenciarán os mercados tradicionais con produtos da horta e apoiarán á Praza de Abastos.
Impulso á economía local
No seu programa electoral, López Penabad fai un forte fincapé na aposta por iniciativas dirixidas á creación de postos de traballo e, polo tanto, ao impulso da economía e da industria local.
Polo tanto, os populares poñerán en valor os sectores estratéxicos que favorecen a economía de Ribadeo e, a maiores do sector comercial e servizos, os populares tamén impulsarán iniciativas de aposta pola agricultura, a gandería ou a pesca
Apoio aos desempregados
Estas liñas de actuación teñen unha prioridade fundamental que é a de crear emprego. Neste senso ademais de poñer en valor e de apoiar aos sectores produtivos locais; Jesús López Penabad impulsará actuacións como son a recuperación dos obradoiros de emprego; a oferta de cursos de formación ligados ao tecido socioeconómico de Ribadeo para desempregados sen titulación ou contará preferentemente cos parados do concello para a execución das obras municipais.
Creación de emprego
A maiores, o candidato popular anuncia que se desenvolverán estudios de viabilidade a pequenos e medianos empresarios e se apoiarán aos novos emprendedores económica e institucionalmente; así potenciarase o polígono industrial para a procura de novas empresas ademais de impulsar o cooperativismo