Becerreá 13 de maio de 2015.- Xuntanza sectorial esta tarde dos populares lucenses con empresarios de Becerreá. Autónomos, representantes do pequeno comercio e de pequenas industrias, participaron nun acto que estivo presidido polo máximo responsable do Goberno Galego en materia de Economía e Industria, Francisco Conde.
Conde, respaldou ao candidato popular como a mellor alternativa para «sacar a Becerreá do estancamento» creando novas empresas e emprego de calidade e incidiu na experiencia de Miguel Ángel.
Cela no eido da biomasa, un ámbito no que a Xunta está a facer unha forte aposta por crear unha industria galega propia, e que se configura como un dos grandes caladeiros de emprego nu rural a medio prazo.
O popular salientou que o impulso do Goberno galego, que suporá a mobilización de 250 millóns de euros ata 2020, debe ser aproveitado por Becerreá e para iso, sinalou, ten que haber un Concello comprometido coa creación de empresas e experto en montes, e Miguel Ángel Cela, subliñou, responde a esa necesidade.
Pola súa banda, o secretario xeral do PPdeLugo, José Manuel Balseiro, resaltou o compromiso da Xunta de Galicia con este municipio e lembrou que Becerreá recibiu nos últimos seis anos un investimento de 31,2 millóns de euros por parte do Goberno Galego.
“A Xunta investiu en Becerreá 31.2 millóns de euros e a Deputación 1.5 millóns de euros”- informou Balseiro, quen manifestou que o Executivo de Feijoo investiu 20 veces máis co de Besteiro.
Pechou o encontro, o candidato popular, Miguel Cela, quen insistiu na importancia de apoiar á primeira empresa para que continúe coa súa actividade e dos emprendedores, dos que dixo, xogan un papel crucial.
Cela deixou claro que continuará escoitando as demandas e proxectos dos empresarios, para impulsar os trámites necesarios e facelos realidade.