A xornada de Ana Pastor, Alfonso Rueda e José Manuel Barreiro do vindeiro domingo iniciarase na comarca de A Montaña e rematará na comarca lucense.
Trala celebración dun mitin en Becerreá, os populares desprazaranse ata Castro de Rei para participar noutro acto.
No complexo hoteleiro Val dos Soños, ás 12:30 horas, a representante do Goberno central, Ana Pastor, o membro do Executivo galego, Alfonso Rueda e o líder do PP de Lugo, José Manuel Barreiro, intervirán nun mitin para arroupar ao candidato popular, Francisco Balado.
En dito acto tamén estarán presentes veciños, simpatizantes, militantes e demais representantes políticos da zona.