Algo insólito está a acontecer no municipio lucense de A Pontenova. Estamos ante un Concello endebedado, onde os veciños tiveron que sufrir, por parte do Concello, unha suba de impostos e nembargantes o alcalde e o tenente de alcalde continúan cobrando sobresoldos.
A día de hoxe o rexedor cobra ao mes uns 3.300 euros pola súa dedicación parcial e o tenente de alcalde, uns 1.800 euros; unha cantidade que suma uns 5.000 aproximadamente mensuais entre ambos. Non hai que esquecer que se trata dun salario, a maiores, do que reciben das súas profesións de veterinario e carpinteiro respectivamente.
David Álvarez lembra que no ano 2012, cando o Goberno central comezou a estudar a aplicación da Lei de salarios máximos, o Señor Campos figuraba nas listas de rexedores que máis cobraban en España. No ano 2014, seguía figurando como un dos rexedores con salario máis alto, polo que se lle obrigou a baixar o salario en 11.000 euros da dedicación parcial.
Canso desta situación, o candidato á alcaldía, quen ve moi inxusta esta sangría que está aplicando o Señor Campos, saíu a palestra para facer públicas estas informacións
“É moi grave que o concello de A Pontenova esté endebedado, que o rexedor suba os impostos aos veciños e que o señor alcalde e tenente de alcalde non teñan a decencia de baixarse o salario”- denunciou.
Vista a situación e o contexto, o candidato popular, David Álvarez, anunciou que se é elixido alcalde, tanto él como o seu número dous renunciarán, no primeiro pleno municipal ao salario de rexedor e tenente de alcalde como tales, e baixará os impostos. Só cobrarán por dietas, desprazamentos, asistencia a plenos e algún complemento. Algo que nada ten que ver co que fixo o rexedor, quen na primeira sesión plenaria municipal logo de ser elixido alcalde fixou o seu sobresoldo.