Alfoz, 11 de maio de 2015.- Tras o mitin de Lourenzá, Rosa Quintana e José Manuel Balseiro desprazáronse a Alfoz para arroupar ao candidato popular, Emilio Lousas.
No salón de actos do Centro Sociocultural, e ante veciños, simpatizantes, militantes e representantes políticos da zona, Quintana eloxiou a labor levada a cabo por Emilio Lousas, a quen calificou “dun auténtico traballador polo municipio e polos seus veciños”.
Foi o secretario xeral dos populares lucenses, José Manuel Balseiro, o encargado de facer unha comparativa entre as inversións da Xunta e da Deputación de Lugo en Alfoz. Manifestou Balseiro, que mentres o Goberno de Feijoo inverteu neste seis anos 4.731.262,64 euros, a Deputación investiu 808.858,28; o que se traduce, dixo, en seis veces máis o Goberno Galego que o Ente Provincial.
Pola súa banda, o candidato popular fixou dous compromisos claros e firmes se continúa obtendo a confianza dos veciños. “Remataremos a concentración parcelaria e presentaremos para a súa aprobación inicial o Plan Xeral de Ordenación Municipal”- sentenciou.
Emilio Lousas concluíu a súa intervención anunciando outros obxectivos para esta lexislatura, entre os que se atopan: promover solo industrial para atraer empresas e ampliación das presentes, facilitar vivenda protexida e promover a rehabilitación desta no medio rural e a construción da residencia pública da terceira idade e centro de día.