Lourenzá, 11 de maio de 2015.- Mitin en Lourenzá esta tarde para arroupar á candidata popular, Emma Álvarez Chao. A convidada de honra foi Rosa Quintana, quen despois de eloxiar o gran traballo da alcaldable, anunciou a posta en marcha de tres grandes actuacións, moi demandadas pola rexedora.
Ante un abarrotado salón, Quintana comprometeuse a construír unha escollera na subida a Tilleira, na coñecida Ruta do Colesterol e dúas pontes, que foron derrubadas o pasado 3 de decembro por mor dun forte temporal. Trátase dunha ponte en Santo Adrao, enriba do Rego do Castelo, e no Casal, en Santo Tomé.
A popular cerrou a súa intervención resaltando o gran traballo e compromiso de Álvarez. “Coñezo de primeira man as prioridades de Emma e dígovos que o seu traballo sodes vos e Lourenzá”- afirmou Quintana, quen resaltou tamén a labor da alcaldable a prol da dinamización agrogandeira e do rural”.
Pola súa banda, o secretario xeral do PPdeLugo, José Manuel Balseiro cargou duramente contra Gómez Besteiro, acusándoo de discriminar a Lourenzá por ter un Goberno que non pertence a súa cor política. “Non o digo eu, senón que o din os datos”- explicou Balseiro, quen revelou que mentres a Xunta de Galicia investiu na vila 11.517.853,12, a Deputación, 461.979,73 euros. “Nada máis e nada menos que 25 veces máis o Goberno Galego que o do Organismo Provincial”.- sentenciou.
Tamén informou o popular, que no ano 2014, Lourenzá pagoulle a Deputación 20.069,7 € por taxas e polo servizo de recadación e recibiu do Ente Provincial 37.246,10 €. “Case cobra máis do que da”.- denunciou.
Pola súa banda, Emma Álvarez agradeceu á conselleira o anuncio destas próximas actuacións, un feito dixo, que lle evita ao Concello un gasto de máis de 40 mil euros.
No caso da ponte en Casal, Álvarez deu conta da necesidade desta actuación porque no lugar está asentada unha explotación agrícola e os camións que acoden a esta para abastecerse de materia prima vense obrigados a dar un rodeo impresionante, incluso por estradas que non están en moi boas condicións.
“O mesmo acontece na subida da Tilleira, onde os vehículos tamén acceden a un núcleo gandeiro importante e a unha panadería e vense obrigados a dar unha volta considerable”- manifestou.
A popular fixo balance destes dous anos ao fronte da alcaldía e recoñeceu que non foron doados pero manifestou “que con moito traballo, conseguiu traer inversións a Lourenzá para realizar obras necesarias e contribuír a mellorar o noso Concello”.
“Puxemos en marcha o pavimento da Avenida de Soutelo, completamos servizos nas rúas Fernández del Riego e Muíño do Frade, dotamos o colexio de ascensor e baño para persoas con discapacidade, conseguirmos a primeira ruta de sendeirismo que percorre o Concello, o roteiro literario adicado a Fernández del Riego, modernizamos o concello coa instalación da intranet local e a App para que os veciños poidan notificar incidencias”- numerou a popular, quen tamén, anunciou que esta semana comezará o saneamento do núcleo de Requeixo.
A popular, que ve na xestión e no traballo a clave dun bo Goberno, adiantou que seguirá nesta liña. Lembrou as xuntanzas mantidas con todos os conselleiros, con varios secretarios xerais e co propio presidente da Xunta, para pedir por Lourenzá e polos veciños e aproveitou para agradecer o seu compromiso e axuda. “Sempre me abriron as portas e sempre se preocuparon, algo que non fixo o Señor Besteiro, quen malia a solicitarlle reunións, nunca me recibiu”.
Emma Álvarez finalizou a súa intervención pedindo o voto para continuar na liña do bo facer e tamén para aportar dende a vila o gran de area e acadar a maioría absoluta na Deputación de Lugo, “temos que rematar coas prácticas sectarias e discriminatorias que teñen os socialistas”- concluíu.