Partido Popular de Lugo

Lenza López denuncia que o rexedor non lle ceda a carpa municipal para celebrar a comida con Núñez Feijoo

Pol, 11 de maio de 2015.- O vindeiro luns, día 18 de maio, o presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijoo, acudirá a Pol para arroupar á candidata popular, María Ángeles Lenza.

Ás 14:00, o líder dos populares galegos participará nun mitin no Centro sociocultural de Mosteiro xunto co presidente provincial, José Manuel Barreiro e a candidata popular, María Ángeles Lenza.

Está previsto, que a continuación, sobre as 15:00 horas, se celebre unha comida de fraternidade na carballeira de Mosteiro e para a que Lenza López solicitou a carpa municipal por motivos de espazo.

A popular tilda de escusa a dada por Lino Rodríguez, quen lla denegou porque ve no acto un fin político e partidario. Lenza López  denuncia esta decisión, posto que se trata dunha carpa municipal, que se usa para fins de diverso tipo e foi utilizada polo rexedor fai catro anos para o seu mitin de campaña.

Lembra a candidata que a carpa acolleu en varias ocasións actos públicos e políticos, prestándose incluso, a concellos veciños, polo que ve xusto poder facer uso da mesma. polo que denuncia esta actitude do rexedor de denegarlle a carpa.