Partido Popular de Lugo

PP anuncia que a Xunta concede a Rábade 41.000 euros para arranxar o pavimento do campo da feira e da praza

Rábade, 7 de maio de 2015.- A candidata á alcaldía de Rábade, Remedios González Cabarcos, anunciou esta tarde que a Xunta de Galicia, concretamente, o departamento de Vicepresidencia, ven de conceder a este Concello unha axuda de 41.000 euros para arranxar o mal estado que presenta o pavimento da praza e do campo da feira.

González Cabarcos explicou que o firme foi construído, fai dez anos,  con materiais inadecuados, unhas obras que poñen en risco a vida dos cidadáns. Asemade, lembra que os populares denunciaron por activa e por pasiva esta situación dende o a posta en marcha destas obras.

A popular informa que o arranxo deste pavimento, para o que hoxe Vicepresidencia destina 41.000 euros, figura no seu programa electoral.