Cospeito 7 de maio de 2015.- O candidato á alcaldía de Cospeito, Armado Castosa, presentou esta tarde, de xeito oficial, a lista coa que concorre ás eleccións municipais que se celebrarán o 24M.
“Trátase dun equipo formado por persoas con capacidade de xestión e que contan cunha gran experiencia para a conformación dun bo goberno local”- manifestou.
O popular explicou que o obxectivo é seguir traballando para o desenvolvemento dos proxectos xa iniciados e seguir dotando a Cospeito de todos os servizos e infraestruturas posibles.
Neste senso Castosa manifestou o seu compromiso de seguir atendendo a todos os veciños “ unha prioridade do seu equipo”.
Para concluír, o popular explicou que concorre ao 24M coa lista idónea, para conformar un goberno con capacidade de xestión e que tramita confianza, solidez e estabilidade.
CANDIDATURA PP COSPEITO
1. Armando Castosa Vilariño
2. Natividad Miguelez Castro
3. Daniel Paz Carballeira
4. Álvaro Puente Seijas
5. Rocío García Corbelle
6. Juan Pablo Gayoso Rifón
7. Iván Méndez Flores
8. José Veiga Fernández
9. María José Paredes Yáñez
10. Ana Iglesias González
11. Adelina Rabade Rabade
12. Fernando Carreiras González
13. Francisco Javier Diaz Yanes
14. Gaspar Pedreira Cordal
15. María Yolanda Cabana Fernández
16. Josefa Lamas Martínez
17. José Díaz Rodríguez
18. María del Carmen García Novo