Partido Popular de Lugo

O PP presenta a súa aposta continuísta en Portomarín para revalidar a maioría absoluta

Portomarín, 6 de maio de 2015.-. O actual alcalde e candidato do Partido Popular en Portomarín, Juan Serrano, presentou na tarde de hoxe a candidatura que o acompaña de cara os comicios electorais de 24 de maio.

“Trátase dunha aposta continuista coa que queremos revalidar a maioría absoluta”, matizou o popular. Serrano explicou que un dos poucos cambios que se dan é o do número dous, que tal como lembrou o alcaldable, fai catro anos xa asegurara que “o seu paso pola política era temporal”.

“É un equipo unido e sólido, que aglutina tanto xuventude como experiencia”, e que durante estes anos demostrou “honestidade, pensando única e exclusivamente no ben de todos os veciños” e aos que agradece a “gran labor” feita.

O líder do PP de Lugo, José Manuel Barreiro, arroupou esta tarde á candidatura do Partido Popular en Portomarín e agradeceu o compromiso do alcaldable durante estes anos, do que resaltou a súa entrega na defenda dos intereses dos seus veciños.

Así, Barreiro puxo en valor a boa xestión do equipo de goberno de Portomarín que acadou a débeda cero no Concello; ao tempo que lembrou que en fronte atópanse “os que castigaron ao municipio durante estes anos, dado que a Deputación de Lugo esqueceuse de Portomarín restándolle inversións que estaban previstas nesta localidade”.

Candidatura Partido Popular en Portomarín

1.- Juan Carlos Serrano López
2.- José Pérez Fernández
3.- María del Carmen Pérez Fontao
4.- Manuel Vega Pin
5.- José Manuel López González
6.- Pablo Rivas Folgueira
7.- Manuel Enriquez Villamor
8.- Ana Isabel Rivera Fente
9.- Diana Vázquez Méndez

Suplentes
1.- Laura Rodríguez Vázquez
2.- Arturo Louzao Portomeñe
3.- Elías Vázquez Vázquez