Partido Popular de Lugo

Álvarez: “As calumnias do rexedor son de tal gravidade que ata agocha a súa sinatura”

A Pontenova, 6 de maio de 2015.- Logo das declaracións verquidas polos socialistas de A Pontenova, o candidato do PP á alcaldía neste Concello, David Álvarez, acusou ao rexedor de verter calumnias contra a súa persoa.

“De tal magnitude son os seus despropósitos, que non se atreve nin a dar a cara, agachándose incluso detrás das siglas do seu propio partido”.- denunciou.

O popular ve nas declaracións do rexedor mala fe e tildou os feitos de  auténtico despropósito. Manifestou que o seu proxecto está agotado e o único que pretende é “salvar os seus mobles” con acusacións falsas.

David Álvarez non entende, que despois de case vinte anos de servizo, tanto diurno coma nocturno, e cun historial profesional intachable no SERGAS, se digan falsidades coma estas, estando a quince días dunhas eleccións.

O popular deixou claro que leva catro anos escoitando as queixas e o “sufrimento” dos veciños de A Pontenova, por mor dun goberno socialista agotado, sen rumbo e despreocupado.