Chantada, 30 de abril de 2015.- O presidente do PP de Lugo, José Manuel Barreiro, presentou esta tarde-noite en Chantada a candidatura que por primeira vez encabeza Javier Medela.
Barreiro, quen ve na lista chantadina unha clara aposta pola xuventude, destacou a implicación da mocidade neste proxecto. Resaltou o feito de que a candidatura estea formada por persoas de menos de corenta anos.“Os mozos non lle deben ter medo a política porque a política é solventar os problemas que lle plantexa a súa convivencia colectiva”- sentenciou.
O alcaldable agradeceu a confianza da dirección provincial por confiar nel para liderar este proxecto e dixo encontrarse capacitado e con moitas ganas de levar a cabo este acometido.
“Con moita ilusión, e sobre todo co mais importante: co voso animo e respaldo”- manifestou.
Así as cousas, o popular manifestou que o seu equipo parte de tres obxetivos: “que os veciños sintan o Concello como propio; que os cidadáns sintan o respaldo do Concello e que o concello non poña trabas, senón todo o contrario, buscar a súa implicación e complicidade”- sentenciou.
Adiantou Medela que o PP de Chantada basearase no debate interno, nas diferentes opinións, na discrepancia, nos diferentes puntos de vista.. pero sobre todo, no consenso.
“Crearemos áreas e equipos de traballo, onde todo o mundo participe, tratando de involucrar e facer cómplice cada vez a mais xente, porque entendemos que un programa debe conter non solo as nosas propostas, senón tamén demandas dos veciños de Chantada”- concluíu.
CANDIDATURA DEL PP DE CHANTADA
1. FRANCISCO JAVIER RODRIGUEZ MEDELA
2. MANUEL JAVIER GOYANES CEREIJO
3. MARIA JOSE VAZQUEZ FERNANDEZ
4. CRISTINA PORRAL SAMPAYO
5. LUIS FERNANDEZ FRANCISCO
6. VERONICA PRADO DIEGUEZ
7. JORGE SANCHEZ PARDO
8. ARACELI OTERO VARELA
9. RODRIGO AMARANTE LOPEZ
10. DIEGO LOPEZ RODRIGUEZ
11. DINA FENTE FERNANDEZ
12. RAQUEL LOPEZ VAZQUEZ
13. JUAN CARLOS BLANCO RODRIGUEZ
SUPLENTES
1.LUCIA JANEIRO CALVO
2.JOSE BLANCO GOMEZ
3.ANGEL ANTONIO BLANCO RODRIGUEZ