Ribadeo, 29 de abril de 2015.- O candidato do PP á alcaldía de Ribadeo, Jesús López Penabad, anunciou esta mañá que de ser elixido alcalde construirá un campo de fútbol de herba artificial.
O popular denunciou as deficiencias que presenta o actual estadio Pepe Barrera, cuxo estado, imposibilitou en varias ocasións, o uso de xogo e impediu a celebración de adestramentos e partidos por mor de continuas inundacións.
López Penabad, lembrou que estamos ante un equipo revelación de terceira división polo que ten que contar cunhas instalacións deportivas en boas condicións para os entrenamentos e celebración dos partidos.
Con respecto ao lugar de creación desta infraestrutura, o popular adiantou que se construiría nunha zona dotacional aprobada no Plan Xeral de Ordenación Municipal PXOM, como por exemplo, na zona anexa ao campo actual (detrás da piscina e de FP).
O candidato manifestou que esta obra é urxente en Ribadeo e criticou ao rexedor por estar presumindo de ser unha das principais administracións na defensa da actividade deportiva e sen embargo presenta estes problemas.