Partido Popular de Lugo

O PP propón a creación dun Padroado Municipal de Cultura

Burela, a 28 de abril de 2015.- O alcalde e candidato á reelección polo Partido Popular, José María González Barcia, mantivo na tarde-noite de onte, luns, unha reunión con asociacións e colectivos culturais que contou cunha asistencia masiva por parte de representantes dos mesmos.

No transcurso da reunión, que tiña como obxectivo explicar o contido do programa electoral do PP para os vindeiros catros anos, Barcia anunciou a creación dun Padroado Municipal da Cultural, “no que terán cabida todas aquelas asociacións que queiran libremente incluirse, e que terá como obxectivos fundamentáis, por un lado, a elaboración dunha programación cultural municipal na que todos e cada dos colectivos que teñan algo que mostrar (teatro, baile rexional, música, etc.) poidan facelo dentro dunha programación estable; e por outros, buscar a potenciacións das festas populares a través dunha máis ampla colaboración entre os colectivos”.

González Barcia deixou claro que o seu partido “ofrece aquelo que sabemos que podemos facer; deixaremos de lado as promesas imposibles de cumplir ou as propostas demagóxicas e electoralistas que algúns farán”.

Finalmente, José María González Barcia agradeceu “a masiva asistencia de representantes dos colectivos e asociacións culturáis á reunión, unha das reunións con colectivos máis concurridas que tén celebrado o PP, e eu xa estiven en varias”. Deste xeito, e a falta de reunións puntuáis con ANPAs, sector do mar, ACIA, e O Vencello e a Comunidade de Montes, o PP de Burela dá por pechada a segunda e última ronda de xuntanzas con colectivos e asociacións, “reunións que contaron con bastante asistencia de membros das asociacións, como se tén demostrado coa que acabamos de citar”.