Partido Popular de Lugo

Jesús Fernández presenta un proxecto “serio” para Navia e que ve no turismo unha das claves do desenvolvemento local

Navia de Suarna, 26 de abril de 2015.- O candidato á alcaldía polo Partido Popular de Navia de Suarna, Jesús María Fernández López, presentou hoxe a lista coa que concorrerá aos próximos comicios electorais de maio e esbozou as liñas mestras dun proxecto ao que cualificou de “serio e moi comprometido co municipio, e que ve no turismo unha das claves para o desenvolvemento local”.

Candidatura

Así, Jesús Fernández destacou a “honestidade, a seriedade e a capacidade emprendedora” dos membros da candidatura, “sendo a alternativa de cambio idónea ante un pobo que vai en decadencia pola falta de xestión e de servizos”.

A candidatura encabezada por Jesús María Fernández López; intégrase por orde das seguintes persoas: Rosa María Corral Regueiro;  Manuel Díaz Fernández; Omar Rodríguez López; Jesús Álvarez Gutiérrez; Maria Julia González Losada; Javier Pérez Becerra; Manuel López Fernández e Julio Gómez López. Como suplentes,  Elda Gómez Fernández e Manuel Álvarez Viguin.

Un proxecto “serio”

Jesús Fernández tamén quixo dar a coñecer algunha das claves do proxecto que ten o Partido Popular para Navia e, ademais de resaltar a importancia de desenvolver un plan de turismo; o popular citou a necesidade de que a localidade conte con novos servizos como é o da residencia de maiores.

Outras das liñas que anunciou o candidato popular son a recuperación da Ruta da Androlla e de festas de Navia, o impulso aos emprendedores, o apoio aos gandeiros e, especialmente, aos de razas autóctonas; así como a adecuación de estradas.

Un cambio necesario

O secretario xeral dos populares lucenses, José Manuel Balseiro, arroupou a candidatura presentada hoxe en Navia e animounos a traballar para lograr o cambio que precisa a vila despois do abandono que está a sufrir nas mans do actual goberno local.