Partido Popular de Lugo

Ulla solicita a confianza dos veciños para seguir dotando a Begonte de grandes proxectos

Begonte 25 de abril de 2015.- O presidente provincial, José Manuel Barreiro, acudiu esta mañá a Begonte para facer oficial a candidatura dos populares neste Concello.

Barreiro puxo en valor o magnífico traballo levado a cabo pola agrupación local e afirmou que “a súa labor xunto á gran xestión son o mellor aval”. Neste senso, o popular, animounos a seguir traballando e mostrouse confiado en que o PP de Begonte acadará uns magníficos resultados o 24M.

Pola súa banda, o alcalde e candidato, fixo balance das actuacións levadas a cabo no concello ao longo destes catro anos malia a época de crise que tocou vivir. Dixo que se viron na obriga de aplicar unha política de aforro e contención de gastos, pero a pesar diso, foron capaces de levar a cabo moitas actuacións. Citou  a mellora da rede viaria, as actuacións nos locais sociais, nas beirarrúas, a creación do pavillón así coma o incremento económico en políticas sociais.

Ulla, quen lembrou que o programa electoral se cumpriu case ao 100%, agradeceu á Xunta de Galicia o seu apoio para levar a cabo proxectos e cargou contra a Deputación de Lugo, a quen acusou de discriminar ao concello de Begonte. 

Con respecto á candidatura, o popular explicou que se trata dunha lista continuista, recompensando así o traballo ben feito dos integrantes nesta lexislatura. Conta con tres novidades: a número tres, a número oito e a número 10. Con respecto a primeira, Montserrat Vázquez, trátase dunha persoa cun gran éxito en políticas culturais;  e con respecto ás outras dúas, Marta Lombao e Ángela Anido, estamos a falar de dúas mozas que traen consigo tódalas ganas e ilusións para o proxecto popular en Begonte.

Candidatura PP Begonte

1.- José Ulla Rocha
2.- José Antonio Vázquez García
3.- Montserrat Vázquez González
4.- José Manuel Rábade Cacharrón
5.- María Aurora Braña Veiga
6.- Luis Luaña Castelo
7.- Ramiro Parga Coira
8.- Marta Lombao Gómez
9.- Manuel Castro Ferreiro
10.- Ángela Anido Cereijo
11.- María Ángela Río Corredoira

Suplentes
1.- María José Suárez Casanova
2.- Juan José Díaz López
3.- Eduardo Antonio Pérez Rodríguez