Partido Popular de Lugo

Teixido concorre ao 24M con forza, ilusión e ganas de seguir traballando a prol da calidade de vida dos guitiricenses

Guitiriz, 25 de abril de 2015.- O presidente provincial do Partido Popular, José Manuel Barreiro presentou oficialmente a candidatura do PP de Guitiriz. Unha lista que presenta novidades con respecto a dos pasados comicios.

Barreiro ve na lista de José María Teixido un equipo renovado, sólido, de diversas idades e distintos perfís. “O equipo perfecto para seguir gobernando en Guitiriz”.

Pola súa banda, o rexedor e candidato, deixou claro que se presenta ás eleccións con máis forzas, ganas e ilusión. Dixo afrontar esta nova lexislatura con optimismo e esperanza de futuro para as novas xeracións, adquirindo o compromiso de hai catro anos: “seguir traballando polo municipio e a prol da calidade de vida de tódolos veciños”.

O popular fixo balance destes catro anos e mencionou as dificultades que tivo que afrontar nada máis chegar ao concello. “Tivemos que facer fronte ao forte endebedamento, ao total descontrol do gasto municipal e pagar as débedas que nos deixou o anterior goberno municipal”.

José María Teixido agradeceu as mostras de apoio e a confianza demostrada en tódolos momentos vividos na lexislatura e deixou claro que xuntos superarán dificultades e acadarán os mellores logros para a localidade.

O popular explicou que o PP conta cun equipo que presenta unha ampla representación territorial das parroquias do concello, onde o candidato máis novo ten 22 anos e o máis veterano ten 86 anos, o 60% son menores de 51 anos. 9 candidatos son mulleres e 11 son homes, cun abano de profesións profundamente variado e representativo dos diferentes sectores da actividade económica da vila.

Conta con agricultores, licenciados, administrativos, transportistas, empresarios, veterinarios, funcionarios, monitores deportivos, diplomados, xubilados…. en definitiva, cunha amplísima representación da sociedade de Guitiriz.

CANDIDATURA PP GUITIRIZ

1. José María Teixido Núñez
2. Roberto Sanmartín Barro. Natural de Guitiriz, é empresario e foi edil noutro concello. 
3. Francisco Penas Pardo. Natural da parroquia de Parga, é funcionario
4. María Manuela Carballeira García. Natural de Guitiriz, empregada de banca e na actualidade edil de Servizos Socias, Cultura e Educación e segunda Tenente de Alcalde,
5. Mónica Vázquez Lago. Natural de Mariz. É administrativa,
6.  Roberto Pereira López. Natural da parroquia de Pígara, é  empresario e na actualidade edil de Protección Civil e Urbanismo
7.  Jesús Tomé Ferreiro. Natural de Os Vilares. Traballador por conta allea e na actualidade edil de Turismo, Festas e Mercado
8. Antón Núñez Teixido. Natural de Guitiriz. Grado en Relacións Laborais e funcionario de Institucións Penitenciarias.
9.  Alicia Vázquez Ventosinos. Natural da parroquia de Pedrafita é monitora deportiva
10. Julia Vidal Barcón. Natural da parroquia de Labrada. Está en situación de desemprego
11. Serafín José Pereira Díaz. Natural de Pardiñas, é veterinario
12. Ana María Roca López. Natural da parroquia de O Buriz. Empregada por conta allea nunha gasolineira.
13.  María de los Ángeles Valiño López. Natural da parroquia de Pardiñas, é conductora
14. Santiago Roberto Arias Porto. Natural da parroquia de Trasparga, é empresario
15. María Carmen Piñeiro Díaz. Natural da parroquia de Santa Cruz, é agricultora
16.  Jesús Iglesia Bergantiños. Natural da parroquia de Santa Mariña. É transportista
17. Ana María de la Luz Calvo Mato. Natural de Guitiriz, é administrativa
18. Manuel Ferreiro Lavandeira. Natural da parroquia de Becín. Está xubilado
19.  Noelia Torres Caamaño. Natural da parroquia de Sambreixo, é axudante de cociña
20. Carlos Tomé Martínez. É o máis veterano. Natural de Guitiriz, está xubilado de banca, e foi alcalde do municipio