O candidato á alcaldía polo PP, Isaac Lamas, presentou hoxe a lista coa que pelexará para acadar un goberno popular en Ribas de Sil e esbozou as claves entorno ás que xira o seu proxecto. Lamas márcase como obxectivos xerar emprego, fixar poboación e acadar melloras na atencións aos nosos maiores.
“É necesario incrementar a poboación do noso concello” e isto pasa pola “creación de postos de traballo”, matizou Lamas, quen engadiu que dende o Partido Popular local estase a traballar en iniciativas dirixidas a lograr o asentamento da poboación no municipio e a xerar emprego.
O candidato á alcaldía polos populares tamén explicou que no concello de Ribas de Sil se deu un pequeno incremento no índice de natalidade polo que considera necesario o impulso de accións nesta área e amosouse convencido de que co “acordo de todos poderemos acadalo”.
Por último, outras das claves do proxecto que lidera Isaac Lamas céntrase en acadar melloras na atención aos nosos maiores co incremento de novos servizos.
Unha candidatura con “empuxe e ganas de traballar”
O alcaldable popular definiu a lista de once persoas que o acompaña como unha candidatura con “empuxe e ganas de traballar polos veciños”, e que mestura “a xuventude coa experiencia que dan os anos”.
Así, a candidatura que encabeza José Isaac Lamas Álvarez, sigue por orde con José María González Álvarez; Rosa Novoa Castro; Jesús Vicente Fernández; Jesús Ballesteros Pardo; Nuria Ovide Figueira; Marino Álvarez Martínez; Javier González Calvo e Victorino Visuña Losada. Os suplentes son Jesús Álvarez Maseda e María del Carmen Ludivina Macía Gómez.
O secretario xeral do Partido Popular de Lugo, José Manuel Balseiro, arroupou á candidatura, cuxa presentación tivo lugar no edificio da Aula de Pesca de Ribas de Sil. Balseiro resaltou a vocación de servizo público posta de manifesto por Lamas durante estes anos como edil do municipio e animou aos integrantes da lista a traballar para lograr o cambio que necesita Ribas de Sil.