O candidato á alcaldía polo Partido Popular en Castro de Rei, Francisco Balado, presentou hoxe a lista coa que concorrerá ás próximas eleccións do 24 de maio. Balado definiuna como unha candidatura “representativa de todas as zonas de Castro de Rei” e coa que “buscamos liderar outros catro anos de goberno para este municipio”.
Balado deu a coñecer ás persoas que integran a candidatura ante un aforo de entorno a 300 persoas, no restaurante Río Lea, e ao que asistiu o presidente provincial do Partido Popular, José Manuel Barreiro.
O número un da candidatura engadiu que se trata dunha lista “renovada”, con cinco novas incorporacións, e “moi operativa”. Está integrada por 16 persoas, a metade delas mulleres, e cunha media de idade de 45 anos.
Pola súa banda, o presidente dos populares lucenses, José Manuel Barreiro, lembrou as súas palabras de fai catro nas que aseguraba que o Partido Popular sería a única forza capaz de reencauzar a política en Castro de Rei, tras anos de experimento. “E así foi”, matiza.
Deste xeito, Barreiro puxo en valor a xestión levaba a cabo polo actual alcalde e candidato que, a pesar dun contexto económico difícil, “logrou acadar unha mellora efectiva da vida e da calidade de vida dos veciños, que sempre foron a súa prioridade”. Así, animouno a continuar nesta liña de traballo e desexoulle moita forza e ánimo tras mostrarse convencido de que Balado continuará á fronte do concello de Castro de Rei.
Candidatura Castro de Rei
1.- Francisco Javier Balado Teijeiro
2.- Roberto Lorenzo Fernández
3.- Antonio Iglesias Lombardía
4.- Laura Campo Fernández
5.- María Josefa López López
6.- José Rielo Losada
7.- José Luís García Barja
8.- Oscar Iravedra Portela
9.- María Edita Sinde Basanta
10.- Marisol Gigan Díaz
11.- Mónica Begoña González Cabana
12.- Maximino Trigo Lage
13.- María del Carmen Folgueira Feijoo
Suplentes
1.- Josefa Mouriz Teijeiro
2.- Ana Isabel Morandeira López
3.- Pablo Prieto González