O candidato á alcaldía do Partido Popular no Incio, José Álvarez, presentou hoxe ás persoas que integran a lista do PP neste municipio de cara aos comicios do vindeiro mes de maio. O alcaldable mostrouse convencido de que conta co “mellor equipo” para gobernar no Incio e restablecer no Concello “o rigor, o sentido común e o bo facer”.
A candidatura
O cabeza de lista asegurou que a candidatura do Partido Popular é representativa de todas as zonas do concello e intégrase por xente que “sempre estivo moi ligada a este partido e que participa activamente nos seus pobos, cun carácter aberto e colaborativo”.
Así, o popular cualificounos como os candidatos idóneos para recoller “o sentir dos veciños, as súas preocupacións, os seus problemas e as súas suxerencias”, e destacou de todos e cada un deles a súa “nobreza”.
Álvarez tamén quixo agradecer o traballo de persoas que non forman parte da lista pero que ao longo destes anos levaron ao PP ao que “hoxe é, a principal forza política no concello do Incio”
Así, a candidatura que encabeza José Álvarez Vázquez, intégrase na seguinte orde por, Daniel Arias Jato; Ana María Vizcaíno González; José Antonio Valcárcel Pereiro; Goretti Díaz Armesto; Antonio Rodríguez López; Manuel Fernández López; José Manuel Darriba Armesto; José Manuel Vilariño López; Juan Carlos López Valiña; Daniel Magdaleno Sánchez e José Antonio Loureiro Fernández.
O Incio, necesita un cambio
O candidato popular analizou que en fronte “atopámonos cos mesmos que están e que nos levaron á situación de desgoberno e deterioro na que se encontra o Concello. É o momento de esquecer, canto antes, unha lexislatura na que a forma de gobernar estivo chea de ocorrencias, meteduras de pata e favoritismos”.
Así, Álvarez lembrou o bo facer, o rigor e o sentido común demostrado polo PP no goberno cando “os servizos funcionaban correctamente e se fixeron obras moi importantes”.
Pola súa banda, José Manuel Balseiro tamén reincidiu nesta necesidade dun cambio xa que “tratouse dunha lexislatura perdida”. Balseiro asegura que agora debemos “revalidar a confianza dos veciños e ampliala”.