Presentación oficial da candidatura do PP de Sarria esta tarde. Foi o presidente provincial, José Manuel Barreiro, o encargado de presentar unha lista á que definiu de “magnífica”.
Barreiro puxo en valor o traballo levado a cabo polo equipo de José Antonio García, o cal logrou sacar a Sarria do precipicio no que estaba inmerso. Neste senso, o popular animounos a seguir traballando para seguir contribuíndo na dinamización e desenvolvemento da vila.
Pola súa banda, a alcalde e candidato, resaltou o traballo levado a cabo polo seu equipo, ao cal agradeceu a súa excelente labor, e manifestou que concorren a estas eleccións coa ilusión de continuar un proxecto iniciado fai catro anos.
Lembrou García que cando chegaron ao Goberno tiveron que facer fronte a unha herdanza que deixaron os anteriores executivos.
“Logramos sacar a Sarria da quebra”- sentenciou o popular quen lembrou o plan de axuste aplicado e malia a iso fixeron máis con menos.
Dende a humildade, o candidato popular alabou a capacidade de traballo do seu equipo e dixo que Sarria preséntase coa mellor lista, posto que a integran edís que formaron parte desta lexislatura e persoas novas, moi coñecedoras da vila e que aportarán iniciativas moi construtivas.
CANDIDATURA PP SARRIA
1. José Antonio García López
2. Victoria Eugenia López Díaz
3. Manuel Valiña López
4. Manuel Sangil Iglesias
5. María Ana de Jesús Fernández Castro
6. Francisco José Pérez González
7. María Pilar López López
8. Luis Álvarez Rey
9. María de los Reyes González Rivera
10. María Teresa Limerez Darriba
11. Ismael Torres Balboa
12. Jaime Iñiguez Martínez
13. María Mar López Gómez
14. Olga López Rodríguez
15. Roberto Díaz López
16. Raquel Fernández García
17. Eliseo López Paramo
Suplentes
1. José Luis Maceda Arias
2. Patricia Fernández Núñez
3. Juan Manuel Parada López