Partido Popular de Lugo

Máis de 800 persoas arroupan a Pablo Taboada na presentación da súa candidatura

Multitudinario acto dos populares en Palas de Rei. A casa da cultura quedou pequena para acoller ás máis de 800 persoas que arrouparon ao actual alcalde e candidato do PP á alcaldía deste municipio, Pablo Taboada, na presentación da súa candidatura.

Foi o número un do PP lucense, José Manuel Barreiro quen fixo oficial a presentación desta lista e quen dixo sentirse orgulloso do PP de Palas de Rei, “quen está desenvolvendo un magnífico traballo”.

Barreiro destacou que o equipo que lidera Pablo Taboada sabe estar ao carón das demandas dos veciños e actúa cunha xestión próxima, en total colaboración e apoio doutras administracións como a Xunta de Galicia ou o Goberno central que fan posible actuacións moi importantes.

Asemade, o líder do PP de Lugo manifestou que a candidatura de Palas de Rei reúne tres factores claves: traballo, constancia e gran sintonía con tódalas administracións e sectores. Porén, animounos a seguir traballando nesta liña porque “é a axeitada e a do bo facer”.

Pola súa banda, o candidato popular, Pablo Taboada, quen agradeceu ao seu equipo o traballo feito nesta lexislatura, explicou que presenta unha lista equilibrada, onde teñen cabida os diferentes sectores do concello, que reflicte a realidade do municipio e que combina xuventude, para aportar aire fresco, e veteranía, para sumar experiencia.

Deixou claro que o seu equipo, seguirá na liña emprendida ata o de agora:  satisfacer as necesidades dos veciños e continuar na liña de fixar poboación e tecido empresarial na vila.

 

CANDIDATURA PP PALAS DE REI

Pablo José Taboada Camoira

Fernando Alfredo Pensado Barbeira

María Aurora Vila Agra

Amando Sande Agra

Alba Villasante Torres

José Ramón García Vázquez

Jesús Fandiño Sánchez

Jesús Penas Salgueiros

María Cristina Lodeiro Castiñeira

María Mejuto López

María de los Ángeles Neira Pérez

SUPLENTES

José Ángel Latorre González

José Varela Otero

María Alicia López Rodríguez

Eder Vizcaíno Guerra

Rosa María Gavieiro Currás