O secretario xeral dos populares lucenses, José Manuel Balseiro, fixo oficial esta noite a candidatura do PP de Samos.
Ante veciños, representantes políticos da provincia e da zona, Balseiro animou á candidatura a traballar para intentar sacar a localidade da nefasta situación na que está inmersa e expuxo as carencias existentes neste Concello.
“O envellecemento da poboación, a escaseza de oportunidades para a mocidade, xunto co baleiro de iniciativas por parte da Deputación de Lugo, están a repercutir de xeito moi negativo no municipio”- manifestou Balseiro, quen ve a necesidade inmediata dun cambio de Goberno para rematar con esta situación.
Pola súa banda, o candidato explicou que escoitará aos veciños, elaborará propostas con claridade e non perderá nin un minuto en facer descalificacións políticas.
Retomou as declaracións de José Manuel Balseiro e insistiu na necesidade de abrir as institucións e a información aos habitantes, de apoiar á mocidade posto que eles son o futuro do municipio, de apostar polo autoemprego e o emprendemento, de coidar aos máis maiores así coma defender un tecido industrial propio. Insistiu en que tampouco hai que esquecerse de que Samos é un concello rural polo que aproveitar esa oportunidade e utilizala é clave.
Explicou López Armesto que a súa folla de ruta é crear unha ilusión á vida no Concello e espertalo novamente dun letargo que vén durando xa uns anos. Asemade, insistiu na necesidade do municipio en adaptarse á época actual.
Insistiu o candidato popular en que é obrigatorio ser creativos e innovadores para facer que a vida no municipio sexa atractiva aos de fóra e cómoda para todos; así coma, elaborar un plan de acción integral para todo o Concello e traballar a partir do mesmo nun programa realista a cumprir nos vindeiros catro anos.
CANDIDATURA PP DE SAMOS
A candidatura do PP de Samos conta con catro novas incorporacións, a idade medida oscila entre os 39 anos e caracterízase por integrar a persoas de diversos sectores. Combínase aquí xuventude e veteranía. Todos os integrantes posúen un carácter e personalidade diferente, pero a todos os une as ganas, ilusión e forza para traballar por un Samos diferente, escoitando e facendo partícipes a todos os veciños.
1. Manuel López Armesto
2. José Aurelio López López
3. Manuel Páez Vilariño
4. Vanesa López Arias
5. Jonathan López Fernández
6. Eugenio Veiga Campo
7. Miguel Sampedro López
8. Martín Chaos Carballo
9. Ana Arza García
Suplentes
1. Patricia López López
2. Iván López Rosendo
3. José Antonio Fernández López