Burela, a 18 de abril de 2015.- O Partido Popular de Burela comeza mañá venres unha segunda ronda de reunións con asociacións e colectivos co obxectivo de explicarlles o contido do programa electoral co que vai concorrer ás vindeiras eleccións municipais.
O actual alcalde e candidato á reelección José María González Barcia lembrou que “hai algo máis de un mes xa mantivemos unha serie de reunións con asociacións e colectivos, e tamén con veciños polos distintos barrios de Burela, para recoller aportacións para o noso programa electoral. Reunións ás que, por certo, acudiran moitas asociacións e veciños. Por iso o noso programa será totalmente participativo, xa que integra moitas das aportacións que nos foran feitas”.
“Nesta segunda ronda de reunións, indicou González Barcia, centrarémonos prefentemente en explicar os grandes obxectivos do noso programa, por un lado, e en explicar os retos que temos para os distintos colectivos e asociacións. Confiamos que a asistencia tamén sexa importante, como o foi na primeira ronda de conversas”.
O vindeiro luns día 27 Barcia e os demais membros da candidatura e da dirección local do partido volverán a manter reunións con máis asociacións.