Rábade 22 de abril de 2015.- O presidente do PP de Lugo, José Manuel Barreiro, presentou oficialmente, esta tarde, a candidatura coa que os populares rabadenses concorren ás eleccións municipais.
No Hotel Coto Real, ás 20:00 horas da tarde e ante un numeroso público, o líder dos populares lucenses puxo en valor a candidatura popular e animouna a traballar duro para rescatar á localidade do pozo no que está inmerso dende hai máis dunha década.
Barreiro explicou que a lista rabadense conta con importantes novidades, comezando pola número un, e a incorporación de mulleres en postos de saída. Asemade, resaltou a presenza de profesionais de tódolos sectores, como son farmacéuticos, empresarios, veterinarios, psicólogos ou mestres.
Pola súa banda, a alcaldable, Remedios González Cabarcos, mostrou a súa satisfacción por poder levar no seu cadro de persoal a persoas traballadoras, serias e honestas. Explicou que todos son
un equipo e que todos teñen a mesma ilusión e ganas en traballar por Rábade.
Con respecto aos postos da lista, informou que existen varias novidades, tales coma: o tres, Rocío González Díaz e o cinco, María Pilar Dapena González. Trátase de dúas mulleres que nunca foron nas listas e que agora van en postos de saída.
Outras novidades son a incorporación do número nove, Carlos Ramón González Cabarcos, a suplente, María José Parga ou o número dous, José Manuel Candal Veiga, un xubilado, funcionario sanitario, que nas anteriores listas figuraba pero no posto cinco.
Concluíu a popular manifestando que tanto ela coma o seu equipo afrontan este reto con ganas e ilusión pero sobre todo con moito compromiso e responsabilidade. Dixo que traballarán para solventar problemas que consideran moi graves, entre moitos outros, o da auga. “Traballaremos por Rábade e polos nosos veciños; eles non poden sufrir o pasotismo e a nula e nefasta xestión do rexedor”.
CANDIDATURA PP DE RÁBADE
María Remedios González Cabarcos
José Manuel Candal Veiga
Rocío González Díaz
José Ángel Vázquez Darriba
María Pilar Dapena González
Patricia Novo Penas
Juan Carlos Blanco Martínez
María Azucena Santar González
Carlos Ramón González Cabarcos
SUPLENTES
José Luis Novo Teijeiro
María José Parga Regueiro
José Ángel Vila Blanco